FIN

Despois de trece anos, tomamos a decisión de cederlle o negocio os xestores políticos, xa que, son os unicos que son capaces de que un restaurante sea rentable, con cero ingresos, e facendo frente as obrigas fiscais, sociais, suministros, etc,etc,etc…
Damos as gracias a todas as persoas que nos apoiaron e axudaron neste longo camiño. Tras estos anos, moitos clientes pasaron a ser amigos. Celebramos as vosas alegrias e choramos as vosas penas, este choio e impresionante.
Tampouco nos podemos olvidar, desa xente que naceu ca palabra prepotencia escrita na frente, que trata os profesionais da hosteleria como seres inferiores e cun trato de servilismo, por sorte, e a minoria da minoria, pero fan moito dano. Desexamolle a misma sorte que esta tendo a hosteleria nestos momentos.
Marchamos en silencio, sin festejos, ca sensación no corpo de impotencia, enfado, estupefacción…de ver de como se tira directamente o lixo un sector fundamental para compostela e importantísimo para o resto do país.
Gracias a todas as persoas que traballaron con nos; Juan, Susana, Sonia, Bea, Laura, a outra Susana, María, Alba, Diego, Suso, Vera, Conchi, os alumnos e alumnas que fixeron as prácticas con nos e os que pagamos as facturas, Manel e Jorge. Por suposto, as nosas familias, que sempre nos apoiaron incodicionalmente.
Os proveedores ai que darlle de comer aparte, son os grandes olvidados nesta propaganda de axudas que están anunciando, e sufren tanto coma nos, tamén lle teremos que dar as gracias, son os que traen o producto, cun margen de beneficio disparatado, compran unha furgo para levar viño e pensan que son somelieres (é broma, algún e boa xente).
Pois nada mais, a Taperia Castelao pecha, tantas anecdotas que contar, faria falta escribir un libro. Viva a xente da Rúa nova de abaixo.
Saúde e sorte para todos e todas.
Vémonos nas tabernas.
VIVA A HOSTELERIA.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentemento para la aceptación das mencionadas cookies e aa aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies